Sostibilidade
Materiais, lume e desmontaxe
Materiais, lume e desmontaxe
Que leva cada stand, que clase de lume ten cada material e que pasa con todo ao desmontar.
Fira de Barcelona e IFEMA piden unha clase de reacción ao lume (UNE-EN 13501-1) ás paredes, aos teitos e ao chan. O noso taboleiro ignífugo é B-s1,d0 e a moqueta, Bfl-s1. Os dous pasan en todos os recintos, tamén no Palacio Municipal de IFEMA, que é o que máis pide.
| Recinto | Paredes e teitos | Chan | Altura | Prazos |
|---|---|---|---|---|
| Fira de Barcelona, Gran Via | C-s2,d0 (UNE-EN 13501-1) §1.4, p. 6 | Efl §1.4, p. 6 | 5 m, e 4 m nalgunhas zonas. Por riba, estrutura complexa con técnico §3.3.1 e §3.4 | O proxecto, con antelación, e os servizos, dúas semanas antes da montaxe §3.3, §5.1 e §6.4 |
| Fira de Barcelona, Montjuïc | C-s2,d0 §1.4, p. 6 | Efl §1.4, p. 6 | 5 m. Por riba, estrutura complexa §3.3.1 | Non consta |
| CCIB | Non consta | Non consta | Non consta | Non consta |
| Fira de Girona | Nada facilmente combustible. Non fixa euroclase art. 26.2 | Non consta | 2,50 m, e ata 4 m nos stands de deseño libre art. 28, 29 e 33 | O proxecto, aprobado antes da montaxe, e as obras, dúas semanas antes art. 27 e 33 |
| IFEMA, feiras de IFEMA | C-s2,d0 (UNE-EN 13501-1) §19, p. 20 | Efl §19, p. 20 | 4 m, e un elemento puntual de ata 6 m no perímetro §25, p. 21 | O proxecto con cotas, un mes antes da montaxe. Sen aprobación non se monta §25, p. 21 |
| IFEMA, feiras de organización externa e Centro de Convenciones | C-s2,d0, aínda que o anexo de riscos do mesmo documento di B-s1,d0 §19, pp. 11, 35 | Efl, aínda que o anexo di Bfl-s1 §19, pp. 11, 35 | 4 m no Centro de Convenciones Norte §24.3, p. 12 | Non consta |
| IFEMA, Palacio Municipal | B-s1,d0 §19, p. 21 | Bfl-s1 §19, p. 21 | 4 m no espazo polivalente e 3 m no resto §25.2, p. 23 | O proxecto con cotas, un mes antes da montaxe §25.1, p. 23 |
| Feira Internacional de Galicia | Cumprir a ordenanza de prevención de incendios. Non fixa euroclase art. 30 | Non consta | 4 m, 6 m recuado 1 m e 7 m en dúas plantas con planos visados art. 38 | O proxecto, 30 días antes da inauguración art. 37 |
| Expourense | Construción, teas e moquetas ignífugas. Non fixa euroclase Materiales de montaje | Non consta | 3 m na fachada. Por riba, con aprobación e recuado 1 m Altura máxima | Non consta |
Cada stand leva a súa ficha, co material de cada elemento, a súa clase de lume e o seu certificado, para a documentación de montaxe e para a memoria da túa empresa.